Sunday 19 de May de 2024

Medio cento de veciños e veciñas de Brión participaron nun roteiro polos sendeiros do Monte Pindo e da Fervenza do Ézaro


Medio cento de veciños e veciñas de Brión participaron nun roteiro polos camiños que unen dous dos máis fermosos enclaves naturais da provincia: o Monte Pindo (Carnota) e a Fervenza do Ézaro (Dumbría). Unha andaina de 22 quilómetros na que os participantes viron recompensado o seu esforzo de subir a pé o Olimpo Sagrado dos Celtas cunhas fermosas vistas da costa durante case toda a expedición. Esta foi a terceira ruta de sendeirismo que organiza o Concello de Brión esta temporada, despois das saídas á Ruta do Tambre (Brión) e á Ruta do Río Pedras (Barbanza). En todas elas se encheron as 52 prazas dispoñibles.